Ola!
Chámome Miguel, e douche a benvida ao espazo web da miña actividade como avogado.
Empecei no Dereito como investigador e cunha vocación orientada á docencia universitaria.
Porén, decateime cos anos que exercer a avogacía é unha ferramenta forte de transformación social: para colaborar e traballar con persoas que teñan dúbidas ou situacións de contido legal que afrontar, mais tamén como panca de cambio cara unha sociedade diversa, inclusiva e plural.
Profesional
Son avogado especializado en Dereito Médico, Dereito de Familia/Xestión patrimonial, e ademais experto en discriminacións.
Traballo cunha rede ampla de colaboradorxs, que nos permite cubrir servizos como a protección de datos de carácter persoal, o Dereito Laboral ou o Dereito de Empresa; entre outros.
Acredito profundamente na solución de conflitos de xeito amistoso e sigo dando moita importancia a investigar e indagar nos limites do Dereito, en áreas coma a intelixencia artificial.
No persoal, creo nunha avogacía experta e de calidade feita no país, feita en galego e feita dende o rural, dando protagonismo a espazos nosos e xerando riqueza e coñecemento tamén en entornas non urbanas.
Traballemos Xuntos
Se necesitas asesoramento especializado e de confianza, non dubides poñerte en contacto comigo, ben por teléfono 680 283 095, ou ben por correo electrónico despacho@miguelvieito.gal.