LEI DOS SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN (LSSI)

Miguel Vieito Villar, responsábel do sitio web (en diante RESPONSÁBEL) pon á disposición das persoas usuarias o presente documento, co que pretende dar cumprimento ás obrigas dispostas na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), así como informar a todas as persoas usuarias do sitio web respecto de cales son as súas condicións de uso.

Toda persoa que acceda a este enderezo web asume o papel de persoa usuaria, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso das regulamentacións aquí dispostas, así como a calquera outra disposición legal que fose de aplicación.

O RESPONSÁBEL reserva para si propio o dereito de modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no sitio web, sen que exista obriga de avisar previamente ou poñer en coñecemento dxs usuarixs as devanditas obrigas, entendéndose como suficiente coa publicación no sitio web de  MiguelVieito Villar.


1. DATOS IDENTIFICATIVOS

Nome de dominio: https://miguelvieito.gal/
Nome comercial: Miguel Vieito – Avogado
Denominación social: Miguel Vieito Villar
NIF: 47.373.684-D
Domicilio social: Francos nº 8 , Lugar de Reboreda. CP. 27155 Outeiro de Rei (Lugo)
Teléfono: 680 283 095
E-mail: despacho@miguelvieito.gal


Actividade regulada

Colexio Profesional: Ilustre Colexio de Avogados de Lugo
Nº Colexiado: 2234
Título académico oficial: Licenciado en Dereito con especialidade en Dereito Público e Mestrado en
Dereito
Estado UE de expedición: España


2. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O sitio web, incluíndo a título enunciativo pero non limitativo a súa programación, edición, compilación e demais elementos necesarios para o seu funcionamento, os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos, son propiedade do RESPONSÁBEL ou, se é o caso, dispón de licenza ou autorización expresa por parte dxs autorxs.

Todos os contidos do sitio web atópanse debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, así como inscritos nos rexistros públicos correspondentes.

Independentemente da finalidade para a que fosen destinados, a reprodución total ou parcial, uso, explotación, distribución e comercialización requiren en todo caso da autorización escrita previa por parte do RESPONSÁBEL. Calquera uso non autorizado previamente considérase un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor.

Os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos alleos ao RESPONSÁBEL e que puidesen aparecer no sitio web pertencen ás/aos súas/seus respectivxs propietarixs, sendo elxs mesmxs responsábeis de calquera posíbel controversia que puidese suscitarse respecto destes.

O RESPONSÁBEL autoriza expresamente a que terceirxs poidan redirixir directamente aos contidos concretos do sitio web, e en todo caso redirixir ao sitio web principal de https://miguelvieito.gal/.

O RESPONSÁBEL recoñece a favor dxs súas/seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial, non implicando a súa soa mención ou aparición no sitio web a existencia de dereitos ou responsabilidade algunha sobre estes, como tampouco apoio, patrocinio ou recomendación por parte deste.

Para realizar calquera tipo de observación respecto a posíbeis incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como sobre calquera dos contidos do sitio web, pode facelo a través do correo electrónico despacho@miguelvieito.gal.


3. EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADES

O RESPONSÁBEL exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un/ha terceirx allex a este.


Uso de Cookies

As cookies son pequenos arquivos de información que o servidor envía ao ordenador de quen accede á páxina.

Mediante o uso de cookies tamén é posible que o servidor onde se atopa a web recoñeza o navegador utilizado polx usuarix coa finalidade de que a navegación sexa máis sinxela, permitindo, por exemplo, o acceso das persoas usuarias que se rexistrasen previamente ás áreas, servizos, promocións ou concursos reservados exclusivamente a eles sen ter que rexistrarse en cada visita.

Tamén se poden utilizar para medir a audiencia, parámetros de tráfico, controlar o progreso e número de entradas, etc, sendo nestes casos cookies prescindibles tecnicamente pero beneficiosas para x usuarix.

Este sitio web pode utilizar cookies técnicas para levar a cabo determinadas funcións que son consideradas impresciníbeis para o correcto funcionamento e visualización do sitio.

As cookies utilizadas teñen, en todo caso, carácter temporal, coa única finalidade de facer máis eficaz a navegación, e desaparecen ao concluír a sesión dx usuarix. En ningún caso, estas cookies proporcionan por si mesmas datos de carácter persoal e non se utilizarán para a recollida destes.

Este sitio web non instalará cookies prescindibles sen o consentimento previo da persoa usuaria. Esta ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser alertado da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu equipo.

Por favor, consulte as instrucións do seu navegador para ampliar esta información.


Política de ligazóns

Desde o sitio web é posíbel que se redirixa a contidos de outros sitios web.

Dado que o RESPONSÁBEL non pode controlar sempre os contidos introducidos polxs terceirxs nos seus respectivos enderezos, non asume ningún tipo de responsabilidade respecto dos devanditos contidos.

En todo caso, procederá á retirada inmediata de calquera contido que puidese contravir a lexislación nacional ou internacional, a moral, a orde pública, ou que puidese ser inapropiado, procedendo á retirada inmediata da redirección ó devandito sitio web, poñendo en coñecemento das autoridades competentes o contido en cuestión, de ser preciso.

O RESPONSÁBEL non se fai responsábel (sexa válida aquí a redundancia) da información e contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitativo, en foros, chats, xeradores de blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceirxs publicar contidos de forma independente na páxina web.

Porén, e en cumprimento do disposto nos artigos 11 e 16 da LSSICE, ponse á disposición de todxs xs usuarixs, autoridades e forzas de seguridade, colaborando de forma activa na retirada ou, se é o caso, bloqueo de todos aqueles contidos que poidan afectar ou contravir a lexislación nacional ou internacional, os dereitos de terceiros, a moral e a orde pública, ou resultaren inapropiados. No caso de que x usuarix considere que existe no sitio web algún contido que puidese ser susceptíbel desta clasificación, prégase que o notifique de forma inmediata ao RESPONSÁBEL.

Este sitio web foi revisado e probado para que funcione correctamente. En principio, pode garantirse o correcto funcionamento os 365 días do ano, 24 horas ao día. Porén, o RESPONSÁBEL non descarta a posibilidade de que existan certos erros de programación, ou que acontezan causas de forza maior,  catástrofes naturais, folgas ou circunstancias semellantes que fagan imposible o acceso á páxina web.


Enderezos IP

Un enderezo IP é un número asignado automaticamente a un ordenador cando este se conecta a Internet.

Os servidores do sitio web poderán detectar de maneira automática o enderezo IP e o nome de dominio utilizados polx usuarix.

Toda esta información é rexistrada nun ficheiro de actividade do servidor debidamente inscrito que permite o posterior procesamento dos datos co fin  de obter medicións unicamente estatísticas que permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos servidores web, a orde de visitas, o punto de acceso, etc.


4. LEI APLICÁBEL E XURISDICIÓN

Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou das actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais máis próximos a Outeiro de Rei.

Previa a esta vía existe a posibilidade dunha resolución amistosa de conflictos derivada da adscrición de Miguel Vieito Villar ao Sistema Arbitral de Consumo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.