As miñas especialidades
Dereito Sanitario/Médico
Contamos con máis de oito anos de experiencia traballando na xestión de reclamacións en materia de saúde: erros médicos e neglixencias médicas, ética médica e acceso a servizos sanitarios, entre outras áreas.
Dereito e Discriminacións
É un dos verdadeiros piares da nosa actividade o asesoramento e acompañamento a persoas do colectivo LGBTIQA+, a persoas con discapacidade e a vítimas de discriminación por razón de xénero ou polo uso da lingua galega.
Dereito Laboral e Seguridade Social
O despacho conta cunha área de Laboral para o asesoramento, orientación e defensa dos dereitos das persoas traballadoras nas relacións laborais. Tamén traballamos temas de Seguridade Social como incapacidades (temporais e permanentes), prestacións, pensións…
Solución amistosa/alternativa de conflitos
Temos habilitación para actuar como mediadorxs (Rexistro do Ministerio de Xustiza), e como mediadorxs familiares (Rexistro da Xunta da Galiza). Cremos na utilidade e na forza da solución alternativa de controversias: un amaño amistoso é sempre o noso obxectivo, sempre que este sexa posíbel.
Dereito de Familia e xestión patrimonial e herdanzas:
Se tes dúbidas ou consultas en campos coma: separacións/divorcios, custodia e garda, sucesións, pactos sucesorios, xestións en Catastro ou Rexistro da Propiedade; ou mesmo en materia de impostos, estas tamén son para nós áreas de traballo principais.
Outras áreas de interese
Teño unha intensa actividade cada ano a nivel académico e de investigación.
Teño publicado traballos e realizado relatorios en áreas como o Dereito Xenético, as Neurociencias e a Intelixencia Artificial, a investigación médica en ensaios clínicos e os Dereitos do colectivo LGBTIQA+.