Que é isto de “eventos”?

Estreamos novo apartado no espazo web! Pero… que é isto de “eventos”?

A diferenza do que acontece no apartado de blog, nesta nova sección irei colando informacións… variadas. Serán difusións de cousas que fago, ou ás que asisto, ou mesmo un mix de ambas as dúas.

Por unha banda quero compartir experiencias con vós.
O coñecemento, cando é espallado, faise moito máis eficiente! E que óptimo se algo do que fago ou ao que asisto vos parece útil! Poderiamos usalo como excusa para intercambiar opinións ou materiais.

Por outra, concibo o espazo “eventos” como un modo de contribuír á difusión destas experiencias. Así, canto máis percorrido na rede poidamos darlle ás xeracións de coñecemento, moito mellor!
E se son do país, e feitas en galego, máis motivo.

Xa por último, este é un modo de obrigarme a sintetizar, resumir ideas e compartilas. Un entrenamento en comunicación, poderíamos dicir.
Aprender novas destrezas no campo xurídico é perfecto, mais tamén debe complementarse con saber comunicalas, e coa empatía de compartilas.

Contacto

Se necesitas asesoramento especializado e de confianza, non dubides poñerte en contacto comigo.

Francos, 8 – Lugar de Reboreda, CP. 27155 Outeiro de Rei (Lugo)

Falemos!