Que é “Dereito Médico”?

O Dereito Médico como rama complexa

Chamamos “Dereito Médico” a aquel que se ocupa do exercicio dos empregos sanitarios e socio-sanitarios. É dicir: Medicina, Enfermaría, Investigación Clínica, Traballo Social e Psicoloxía Clínica, entre outros.

Mais tamén empregamos o termos para nos referir ás relacións entre estas profesións e xs pacientes e usuarixs.

(Podemos atopar tamén os termos: Dereito Sanitario, Neglixencias Médicas, Dereito á Saúde…)

Adoitamos partir dunha concepción equivocada desta área: o Dereito Médico non só estuda “neglixencias médicas” ou danos, senón que acolle tamén:

  • Dereitos de acceso a prestacións de saúde (que nos cubre o SERGAS e que non)
  • Discriminacións sanitarias: por exemplo as existentes cara persoas migrantes ou con identidades sexuais non normativas
  • O estatuto laboral do persoal sanitario

Tamén analizamos casos de danos que se teñan producido nunha relación de saúde. Porén facémolo dende unha óptica comprensiva, incluínte e que ten en conta as características das profesións que mencionamos.

(Podedes profundizar nesta información na Enciclopedia de Biodereito do Grupo de Investigación “Cátedra de Derecho y Genoma Humano” da Euskal Herriko Unibertsitatea (Universidade do País Vasco): https://enciclopedia-bioderecho.com/voces/107)

A Medicina como “ciencia coral”

Hoxe non atopamos xeralmente relacións individuais no Sanitario. O esquema: un/ha profesional e un/ha paciente é a excepción (máis presente quizais en áreas coma a Atención Primaria).

Así, a medicina desenvólvese, sobre todo no eido hospitalario, como sistema: un/ha profesional que traballa nunha equipa multidisciplinar, que se integra á súa vez nun centro, que á parte dun sistema público (ou privado) de saúde…

Esta complexidade de intervenientes fai que hoxe sexa un chisco máis difícil orientarse no ecosistema sanitario.

E tamén por este elemento é hoxe inxusto falar dunha responsabilidade só individual no caso de acontecer danos no eido da saúde. X profesional vese limitado no seu oficio por tantos factores que non sería proporcionado, agás nos casos máis extremos, pedirlle responsabilidade única e ilimitada.

Que conflitos poden presentarse en Dereito Médico?

O que un/unha paciente busca cunha reclamación en saúde é, fundamentalmente, unha explicación. Nos máis dos casos que acaban nunha acción legal, xs pacientes viviron unha experiencia no sistema de saúde caracterizada por unha relación de diálogo ou de información insuficiente ou mellorábel. Adoitan referir frustración con equipos médicos sobrepasados, ou con profesionais concretos que xs trataron un modo que perciben como indebido.

Cando reclamamos no ámbito da saúde non buscamos agredir a ningún/ha profesional, nin buscamos vinganza. Cando analizamos un caso e presentamos unha reclamación, o que buscamos é unha explicación. Ademais, intentamos obter un recoñecemento por parte do sistema de que algo non funcionou como debía.

Buscamos que se honre o amor e a confianza que colocamos nxs profesionais de sáude, en momentos nos que nos percibimos e somos especialmente vulnerábeis.

Contacto

Se necesitas asesoramento especializado e de confianza, non dubides poñerte en contacto comigo.

Francos, 8 – Lugar de Reboreda, CP. 27155 Outeiro de Rei (Lugo)

Falemos!