Pois iniciamos o apartado “eventos” do blog cunha actividade na que estarei hoxe, 4 de novembro de 2021.
Esta tarde, por volta das 17:00h estarei no Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense.
O convite, que me fai chegar a Agrupación de Avogadas e Avogados Novxs, é para falar sobre a Lei Orgánica de Eutanasia.
(A norma podedes atopala aquí, e aquí tedes o espazo que o SERGAS dedica á eutanasia).
Intentaremos analizar, en termos xerais, os dereitos dxs pacientes en escenarios de fin de vida. Tamén abordaremos cales son as características da norma, e que novos retos nos presenta.
Por último, non podemos senón intentar achegar unha visión crítica sobre os puntos máis fracos da Lei Orgánica.
Como en moitos eventos, a parte máis interesante será, de seguro, o coloquio posterior!